Zanfona

Zanfona
A Zanfona Galega é un instrumento que se compón dunha caixa con forma parecida a unha guitarra, e unhas tapas e aros fabricados normalmente en madeira de nogueira. Tamén ten un manubrio que se move coa man dereita, sempre de atrás a adiante, que xira unha roda de buxo ou nogueira, untada con resina, que fai á súa vez vibración con cinco cordas tendidas sobre a caixa. Este instrumento, coma todos os acústicos de corda, amplifica o son cunha caixa de resonancia e produce as notas cun teclado.

Este instrumento, de orixe medieval, foi moi utilizado en Galicia nos Cantares de Cego, pois os cegos e cegas recitaban as súas características historias acompañados da zanfona. Durante o século XX a zanfona caeu en desuso, pero non chegou a desaparecer grazas ao gran labor do zanfonista Faustino Santalices. Hoxe en día é un instrumento moi apreciado e valorado, que se utiliza, cada vez máis, dentro da música galega.



Los Comentarios están cerrados.