Xornadas acordeón

O pasado 28 de marzo celebramos as primeiras Xornadas de Portas Abertas no Centro Creativo Musical, CCMUS. Ignaugurámolas cunha xornada de Acordeón, da man do noso mestre de acordeón e piano, Roberto Comesaña, e o certo e que quedamos moi satisfeitos co resultado conseguido, pois foron moitos, grandes e pequenos, os que se animaron a vir e probar este instrumento.

Concerto Portobelo

A Xornada comezou as 11:00h. na nosa escola, o CCMUS, onde os máis pequenos puideron disrutar dunha charla didáctica do profe e tamén puideron experimentar, tocar e sentir o instrumento. Despois de comer, ás 17:00h. foi a quenda dos maiores e, igual que os cativos, puideron escoitar a masterclass de Roberto, ademais de aprender o funcionamento básico deste intrumento tan versátil, o acordeón.

Para rematar unha xornada tan didáctica e musical, celebramos un concerto de clausura no Portobelo Beach Club, na Illa do Samertolameu, en Meira, Moaña.

O Portobelo estivo co aforo completo e desde aquí queremos agradecer a súa colaboración. Todos estiveron pendentes do concerto do mestre, que tocou coa a colaboración do clarinetista Sergio Sotelo.

Graciñas a todos os que viñestes ás xornadas no noso centro, e a todos os que disfrutastes do concerto no Portobelo, desde o Centro Creativo Musical queremos informarvos de que esta foi a primeira, pero haberá moitas máis para que grandes e maiores entren en contacto coa música, tan importante para todo e para todos.



Los Comentarios están cerrados.