TALLER DE VERÁN “ARTE E PARTE” NO CCMUS: XULLO E AGOSTO DO 2018.

O “Taller Arte e Parte” realizarase no Centro Creativo Musical – Ccmus durante os meses de xullo e agosto do 2018 en horario de mañá. Este taller está pensado para rapaces e rapazas a partir dos catro anos de idade e plantéxase como un espazo para o Movemento, e a Creatividade como medio estimulador da comunicación. A través do xogo proporemos o desenvolvemento da linguaxe, da motricidade e da atención, así como tamén a integración grupal. Organizaremos grupos reducidos por idades e as sesións serán de noventa minutos, podendo asistir os inscritos un ou dous días a semán. Impartirá o taller unha psicopedagoga con experiencia contrastada. Solicitar máis información na secretaria do Ccmus, no correo info@ccmus.eu , ou nos teléfonos: 622 16 56 47 – 698 13 96 53.

 

Donato Bernárdez Sotelo, 7 Entr A – 36950 Moaña

www.centrocreativomusical.com                                                                  Telfs: 622 16 56 47 – 698 13 96 53

facebook.com/centrocreativomusical                                                           Correo: info@ccmus.eu

 

003. Ccmus Moaña - Cartel Web - Arte e Parte - 18.06.18



Los Comentarios están cerrados.