Sergio Covelo

Sergio Covelo

Sergio Covelo é un profesional da Banda Deseñada, a Ilustración e o Deseño Gráfico desde o ano 2001, desde que rematou a carreira de Belas Artes. Artista de carácter polifacético, Sergio Covelo afirma que, despois de tantos anos,  “aínda está aprendendo e que lle queda moito por coñecer e descubrir”. Leva facendo e publicando tebeos desde a adolescencia, comezando naquela época cos fancines, dos que índa saca algún de vez en cando, por seguir con ese bonito costume.

É membro do extinto Colectivo Polaqia, no que publicou na Revista Barsowia. En solitario publicou o Cómic Bajo Asedio. Sergio Covelo foi galardoado con dous premios no Saló do Cómic de Barcelona e un premio nas Xornadas de BD de Ourense, polo seu labor como artista na banda deseñada. Colaborou ademais cos álbumes colectivos H2Oil (Colectivo Chapapote 2003), Barsowia en Llamas (Dolmen , 2006) e a novela gráfica Capital (Edicións Ponent, 2006).

Actualmente dedícase á Ilustración e á Infografía xunto a proxectos que está preparando a nivel persoal.

Sergio Covelo é o mestre de Ilustración e Banda Deseñada no Centro Creativo Musical.



Los Comentarios están cerrados.