Saxofón

Saxofón
O saxofón é un instrumento de vento-madeira, construído en metal, moi utilizado nas Bandas de Música, tamén se utiliza en menor medida nas Orquestras Sinfónicas. Este instrumento tamén é moi habitual na Música Jazz e nas Big Band, nas que son os instrumentos máis importantes da formación.

O Saxo inventouse hai 150 anos en París. O seu inventor, Adolphe Sax, púxolle o nome e fíxose moi popular en moi pouco tempo nas Bandas de Música de toda Europa.

 



Los Comentarios están cerrados.