Rebe Lemat

Rebe Lemat

 

Rebe Lemat é Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en traballo editorial, tradución e contidos web, continuou os seus estudos cun Posgrado en Xestión de Contidos e Redes Online pola Universidade de Barcelona e a Online Business School.

É profesora e avaliadora oficial dos Certificados Oficiais da Lingua Galega (CELGA) na Escola Oficial de Idiomas de Ourense. No CCMUS forma parte do equipo de Escritura Creativa, encargándose da parte lingüística, xunto con Dani Costas, que dirixe a parte creativa e literaria.

Ademais destas cuestións, Rebe Lemat sempre estivo moi ligada á música, especialmente á tradicional e folk, formando parte de grupos de gaita e pandereteiras, impartindo clases de pandeireta e canto tradicional na vila e arredores.

Forma parte da directiva do Centro Creativo Musical, encargándose da xestión do centro e de todas as cuestións relativas ao contido da escola.

 



Los Comentarios están cerrados.