Percusión

Percusión Folk

Tambor
A percusión tradicional galega está chea de ritmos interpretados con moitos e moi variados instrumentos como bombo, tamboril, tarrañolas, cunchas, castañolas… Aprender a tocar e percibir cada instrumento, adquirindo unha boa base rítmica para logo reinterpretar a música galega e folk é o obxectivo fundamental destas clases.

O programa comprende todo tipo de instrumentos percutivos (galegos e non galegos), diferentes técnicas (son e golpeo, acentos, dinámica…), ritmos (galegos, europeos e españois e latinos), sistemas de notación específicos para percusión e arranxos.



Los Comentarios están cerrados.