O Centro Creativo Musical abre as súas portas en Vigo

Para quen non nos coñeza, explicamos un pouco a nosa orixe e a nosa filosofía. Somos un centro de Música e Artes  de recente creación.

Este é o terceiro curso que comezamos e estamos moi contentos co seu funcionamento e coa resposta da xente, que apoia a nosa filosofía á hora de traballar cos nenos. Defendemos ante todo e sobre todo a creatividade e a imaxinación á hora de aprender, así como tamén valoramos moito o tempo libre dos nenos, si, porque os nenos teñen que ter tempo libre para xogar, sen máis.

É por iso que cando lanzamos este proxecto tiñamos moi claro que non queriamos repetir os mesmos canons ou patróns das escolas de música ou conservatorios oficiais, indo dúas ou tres veces á semana.
Como solucionar isto?
Buscamos un patrón acorde á nosa maneira de pensar, que son os modelos de aprendizaxe de moitos países de Centro e Norte de Europa (Finlandia, Holanda…). Nun mesmo día de clase impartimos a práctica do instrumento e a linguaxe musical ata os doce anos, idade na que os rapaces xa poden decidir unha maior implicación no estudo das actividades que eles escollen, encamiñándose a unha aprendizaxe máis especializada e profesional.

E que pasa coas artes?

O mesmo ocorre coas actividades artísticas que temos como fotografía para nenos, ou Akademus. Akademus é un boa mostra da nosa forma de traballar, intentamos sempre espertar a curiosidade dos pequenos a través das artes, da literatura e do teatro.

dragonahren

Hoxe demos un gran paso grazas a un centro que apostou por nós e polo noso método, o Colexio Labor de Vigo, que nos brinda a oportunidade de abrir no seu centro un CCMUS, coa mesma filosofía e coas mesmas ganas de traballar, a ilusión continúa! Grazas pola confianza depositada en nós.

É por este motivo que lanzamos a noticia, a partir deste curso 2016-17 xa nos podedes atopar alí. Pasade a preguntar, non o dubidedes, estaremos encantados de escoitarvos.

Este minidocumental invita a reflexión, 10 minutos para pensar, si, non somos Finlandia, pero por algo hai que comezar non?

 



Los Comentarios están cerrados.