Novo Método de Gaita no Centro Creativo Musical

Este mes comezamos coas aulas de Gaita no Centro Creativo Musical. O encargado de dirixir estas clases é Roberto Sotelo, que ademais de ser artesán da gaita, leva máis de vinte anos como mestre gaiteiro. A novidade que incorporamos no Centro Creativo Musical é o método de aprendizaxe, que amplía a ensinanza técnica do instrumento cunha linguaxe musical práctica e útil. Esta iniciación teórico – musical está baseada no sistema de ensinanza que utilizamos para os instrumentos de música clásica e moderna: o seu estudo facilítanos a lectura das partituras onde se reflicten as composicións musicais. No Centro Creativo Musical entendemos estas clases como 100% prácticas onde se traballan a entoación, a rítmica e os conceptos teóricos.

As clases son diferentespersonalizadas, xa que nunca superan os tres alumnos como máximo por sesión, polo que cada alumno aprende ao seu ritmo e adaptado, na medida do posible, aos seus gustos musicais.

Se queres dar un paso máis alá na aprendizaxe e estudo da música tradicional galega non dubides en chamarnos, estaremos encantados de escoitarte :)

 

 

paxina-robertosotelo

 

 

 



Los Comentarios están cerrados.