¡¡MÚSICA MESTRE!! INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS DE MÚSICA DO CCMUS. O MORRAZO E VIGO. CURSO 2018 – 2019.

O Centro Creativo Musical – CCMUS, Escola de Música que imparte as súas clases no Morrazo e en Vigo seguindo un método de ensinanza musical utilizado nos países de Centro Europa, comunica:

Que durante todo o mes de xuño do 2018 ábrese o prazo de reserva de praza e preinscrición para o Curso 2018-2019 nas Escolas de Música do CCMUS do Morrazo e Vigo para todos os instrumentos e actividades musicais que se impartirán, así como tamén para a ensinanza musical de adultos.

As preinscricións poderán realizarse nas oficinas do CCMUS en Moaña e nas de Vigo, ou por correo na dirección info@ccmus.eu , facendo constar os seguintes datos: escola de música en la que desexa inscribirse (Ccmus Morrazo ou Ccmus Vigo), especialidade na que vai matricularse para o seguinte curso, nome do alumno o alumna, idade, nome dos pais o titores, número de teléfono de contacto e dirección de e-mail. Esta preinscrición non require pago algún no momento de realizala, so se efectuará o pago da matrícula o comezo do curso en setembro do 2018.

Centro Creativo Musical – CCMUS

Camelias, 53 – Vigo                                                                                              Donato Bernárdez, 7 – Moaña

www.centrocreativomusical.com                                                                  Telfs: 622 16 56 47 – 698 13 96 53

facebook.com/centrocreativomusical                                                           Correo: info@ccmus.eu

 

001. Ccmus Moaña - Cartel - Preinscrip 18 19 - 04.06.18

 



Los Comentarios están cerrados.