Iniciación Musical

Iniciación Musical
Iniciación Musical está recomendado para nenos/as de entre 4 e 7 anos. A través desta materia o neno toma contacto coa música sen materias máis “duras” como linguaxe musical ou instrumento, o que permite que vaia adquirindo coñecementos que estimulen a súa capacidade auditiva e musical.

En Iniciación Musical fanse exercicios de canto, ritmo, coro infantil e obradoiros de varios tipos como o de creación de instrumentos con materiais reciclados. En todos os exercicios se traballa coa psicomotricidade e o desenvolvemento auditivo, elementos que axudarán ao neno a aprender a ler e escribir con maior facilidade, así como a ter unha maior facilidade á hora de comezar cun instrumento.



Los Comentarios están cerrados.