Informática e Produción Musical

Informática musical

O curso de Informática e Produción Musical consiste no ensino do manexo dunha aplicación dixital de música, que é a ferramenta central de calquera estudio de son e que permite a gravación e edición de cancións. Durante o curso desenvolveranse conceptos como técnica de son, gravación con micrófonos, MIDI, sintetizadores virtuais, edición multipista, efectos, mestura e todo o necesario para desenvolverse nunha produción musical,  aproveitando os enormes recursos que este tipo de aplicacións dixitais ofrecen.

O curso de Informática e Produción Musical está dirixido a músicos e técnicos de música electrónica, ou de instrumento acústico, incluso para todas aquelas persoas interesadas en aprender a gravar ou explorar as posibilidades da tecnoloxía dixital de xeito independente.



Los Comentarios están cerrados.