Gaita

Gaita
A gaita é o instrumento de vento por excelencia dentro do ámbito galego, inda que cada país e cada rexión en que se toca, a gaita posúe as súas propias características, diferentes unhas das outras. A gaita galega consta de punteiro (onde se fai a melodía), ronco (notal pedal de acompañamento dúas octavas por debaixo que a tónica do punteiro), ronqueta (notal pedal de acompañamento unha octava por debaixo que a tónica do punteiro), chillón (notal pedal de acompañamento na mesma tónica do punteiro) e fol (saco ou depósito de aire que fai soar o instrumento).

No Centro Creativo Musical levaremos a cabo un método único (desenvolvido por Anxo Lorenzo) onde o alumno poderá aprender gaita e whistle a un mesmo tempo, optimizando recursos no método de aprendizaxe.



Los Comentarios están cerrados.