Gabi Vázquez

Gabi
Gabriel Vázquez Fernández comezou os seus estudos artísticos no ano 2000, no Colexio Celso Emilio Ferreiro, coa profesora Cristina Rodríguez López (actual directora da Escola de Danza Media Punta, Vigo). No ano 2002 entrou na Escola Media Punta de Vigo para formarse en danza clásica, contemporánea, hiphop e jazz; e no 2011 na Escola de Danza Deborah, na que continúa os seus estudos de Danza Clásica, tamén denominada Ballet.

Como complemento á súa formación asistiu a diferentes cursos e Masterclass con profesores como: Justine Beni, Nicolas Cantillon, Bruno Heyderickx, Joana Ríos, Laura Marín, Leez.C., Gregory Campillo, Jandro Martínez, Giselle Velasco, Juan Moredo, Sarah Coral, Adams Pérez, Maximiliano Sanford, Cía Entremáns, Irene Vaqueiro e Rubén Cabaleiro, todos destacados mestres no arte da danza.

Como bailarín profesional conseguiu distintos premios, como por exemplo o de campións de España no Campeonato Nacional de Showdance no ano 2013 ou a representación de España no I.D.O. World Championship, en Alemaña no 2012. Destaca a súa actuación no musical El bufón del Rey dirixido por Cristian Music Hall, e a participación como extra en Giselle co Ballet Nacional de Cuba; así como tamén destaca o seu Grado en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Como profesor Gabi Vázquez colabora de forma asidua con Clara Ferrao e imparten Danza Clásica e Contemporánea en diferentes escolas de Pontevedra, entre elas, o Centro Creativo Musical de Moaña.



Los Comentarios están cerrados.