Frauta

Frauta Traveseira

A frauta é un instrumento que, a pesar de estar feito de metal, forma parte da familia de vento-madeira. Cun son moi doce, é un dos instrumentos máis agudos e virtuosos, estando presente en todo tipo de músicas. Ao longo da historia sufriu moitas modificacións na súa forma e na súa acústica; e debido ao seu longo percorrido histórico o repertorio musical que comprende é tamén moi amplo, abarcando desde as músicas máis antigas, pasando polo barroco, clásico ou romanticismo e chegando ata os estilos máis actuais como o jazz, ten tamén presenza na música folk. Actualmente goza dunha gran aceptación, sendo un dos instrumentos favoritos dos nenos á hora de comezar a tocar.



Los Comentarios están cerrados.