Fotografía

Fotografia
As clases de Fotografía están dirixidas a afeccionados sen coñecementos ou con coñecementos básicos. O obxectivo principal do curso é que o alumno poida expresarse mediante a captura de imaxes empregando unha cámara dixital réflex e a posterior edición nun ordenador.

Nas aulas de Fotografía aprendemos as características técnicas e o óptimo funcionamento destas ferramentas electrónicas para chegar a desenvolvernos correctamente e con habilidade. Coñeceremos o comportamento da luz e a formación das imaxes na cámara dixital, como capturar imaxes correctamente, o comportamento das diferentes tipos de lentes, fluxo de traballo mediante perfiles de cor, fotografía de estudio con flashes, edición de arquivos RAW mediante software de Adobe (Camera RAW, Lightroom e Photoshop).

As clases técnicas irán acompañadas de clases teóricas sobre a historia da fotografía, autores e os seus diferentes xéneros para conseguir que o alumno desenvolva o seu propio percorrido expresivo.

Ademais veremos diferentes técnicas analóxicas alternativas de creación de imaxes como o revelado analóxico en branco e negro mediante cámara estenopeica.

Para o curso é recomendable que o alumno dispoña dunha cámara réflex e un ordenador portátil.



Los Comentarios están cerrados.