Estimulación Sonora Temperá

Estimulacion-Sonora-CCMUS
A Estimulación Sonora Temperá consiste na realización de exercicios auditivos dirixidos a captar a atención do bebé, para desenvolver a súa psicomotricidade e capacidade auditiva. Estes exercicios axudan tamén a aumentar o sentido da música no bebé, elemento que será de grande axuda cando comece a tocar un instrumento. A Estimulación Sonora Temperá está recomendada para bebés de 0 a tres anos.

Os beneficios da Estimulación Sonora Temperá son moitos como: fomenta a capacidade comunicativa dos bebés, polo que se produce antes a adquisición da linguaxe, incrementa a súa capacidade sonora, o acompañamento do pai/nai durante a clase axuda a tranquilizar o bebé (musicalidade familiar). Isto ten como resultado que o bebé está atento aos estímulos sonoros e non á busca do familiar. Ademais o pai/nai aprende tamén a estimular o bebé para a práctica fóra das aulas. Outro beneficio é que os exercicios funcionan a través da imitación. Co tempo estableceranse pequenos diálogos enriquecedores que fortalecerán o vínculo afectivo entre pai/nai e fillo e, ademais, e quizais o máis importante, detecta posibles problemas de audición, o que permite comezar moi cedo a corrixir e solventar dificultades auditivas.



Los Comentarios están cerrados.