Escritura Creativa

Escritura-Creativa-CCMUS
As clases de Escritura Creativa están dirixidas a todas aquelas persoas ás que lles encante escribir e crear textos de seu. Ao longo do curso tocaranse diferentes xéneros literarios para poder obter información e así cada autor poderá identificarse co que mellor se lle dá ou prefire á hora de escribir: poesía, narrativa (microrelatos, relatos, novela…) ademais veremos diferentes técnicas para enriquecer o texto: estilo, ortotipografía, imaxes, vídeo…

Tamén se traballarán textos improvisados na propia aula en base a un tema escollido polo profesor, para así poder traballar na casa pulindo, modificando e mellorando o texto.



Los Comentarios están cerrados.