Danza Galega Escénica

Danza Galega Contemporánea
Os tempos mudan e remudan, e con eles a xente, as formas de vida, os hábitos, a cultura, os costumes, a vestimenta, a música… e tamén a danza, por suposto.

O baile tradicional galego evolucionado ata a contemporaneidade na que vivimos, sen ataduras, sen encasillamentos de ningún tipo, sen restricións, é o fundamento das clases de Danza Galega Escénica no Centro Creativo Musical de Moaña. A busca do máis complexo e do máis simple a un mesmo tempo.

Danza Galega, Danza Universal, simplemente danza… deixemos que flúa.

 



Los Comentarios están cerrados.