Danza Contemporánea

Danza nenos
A Danza Contemporánea é unha forma de comunicación xurdida no século XX que produciu diferentes estilos como grama, limon, release etc que varían moito segundo o estilo e a clase de cada profesor. No Centro Creativo Musical de Moaña estas clases están impartidas por Clara Ferrao e Gabi Vázquez. O seu método consiste en tocar material de moitos e diferentes estilos, comezando a clase habitualmente no chan, continuando no centro e finalizando con distintos estiramentos.

Nas clases de Danza Contemporánea traballaremos a partir do peso (gravidade), a postura, o centro, a liberdade de movemento, a imaxinación, a sensibilidade ou o intelecto. A danza contemporánea permite ademais expresar sentimentos, sensacións, agudización de sentidos… que ás veces resultan imposibles de explicar só con palabras.



Los Comentarios están cerrados.