Curso de Iniciación á Fotografía Dixital

En febreiro de 2016 comezamos co Curso de Fotografía Dixital, impartido por Martiño Villaverde. Este curso está dirixido a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos que queren sacarlle partido á súa cámara Réflex. As clases impartiranse no CCMUS, Centro Creativo Musical.

A través de clases teóricas e prácticas o alumno aprenderá a técnica necesaria para tomar fotografías de alta calidade e a posterior edición mediante un ordenador, para conseguir expresarse a través das imaxes.
No programa veremos:

  • Manexo da Cámara
  • A exposición
  • Revelado de arquivos RAW e edición mediante software de Adobe (Lightroom e Photoshop)
  • A iluminación, fotografía Strobist
  • Fotografía de paisaxe, retrato, deporte, documento social, fotografía artística
  • Historia da Fotografía

Se estás interesado non dubides en contactar con nós, atrévete coa Fotografía! Porque somos artísticos en todos os sentidos.

 

Fotografía



Los Comentarios están cerrados.