Curso de banda deseñada

O curso de Banda Deseñada está dirixido a mozos e adultos amantes da Ilustración e a Novela Gráfica. O noso mestre de BD, Sergio Covelo, impartirá un conxunto de contidos teóricos, froito da súa experiencia como ilustrador profesional e, sobre todo, de moita práctica. Durante o curso os alumnos traballarán diversas técnicas artísticas, a narrativa, o deseño de personaxes, a elaboración dun guión, un storyboard etc. Esta actividade contrá ademais co apoio do mestre de Escritura Creativa, Dani Costas, para descubrir novas estratexias narrativas e aplicalas á Banda Deseñada.

Obradoiro Entintado Cómic



Los Comentarios están cerrados.