Concertos Música Barroca

Desde o Centro Creativo Musical estamos organizando para finais de outubro unha serie de concertos de Música Barroca na zona sur de Galicia, máis concretamente en Ourense, Ponteareas e Bueu. Nestes concertos os músicos empregarán réplicas de instrumentos orixinais de comezos do século XVIII, inigualable! Para máis información, bótalle un ollo ao noso cartel:

 

cartel-musicabarroca

O Estilo Barroco Alemán

Nos primeiros anos do século XVIII e, por primeira vez na historia da música, Italia e Francia cederon a súa posición como principais centros musicais europeos ante os países de fala alemá.

Compositores alemáns como G.P. Telemann, G.F. Handel ou os membros da familia Bach, non basearon o seu éxito na invención de novos xéneros ou estilos musicais, como fixeran os italianos nos dous séculos anteriores, senón na síntese de elementos xa existentes italianos, franceses e doutras nacións dunha forma novidosa, achegando unha gran riqueza e variación á música, dando orixe ao chamado estilo «mixto» alemán. O segredo da fórmula alemá foi o balance e o refinamento dos gustos tradicionais xermanos e as influencias do estranxeiro, a diferenza dos italianos e franceses, quen, polo xeral, se mantiveron aferrados aos seus propios estilos musicais.

Neste concerto presentaremos varias obras escritas no novo estilo «mixto» alemán descrito anteriormente (G.P. Telemann, G.F. Handel e J.S. Bach), así como exemplificaremos o estilo italiano caracterizado por A. Vivaldi e o estilo francés, cunha peza de J.M Hotteterre.



Los Comentarios están cerrados.