CONCERTOS DIDÁCTICOS NOS COLEXIOS – MARZO 2018.

O Centro Creativo Musical – CCMUS, Escola de Música que imparte as súas clases en Moaña para todo o Morrazo e tamén en Vigo, seguindo un método de ensinanza musical novedoso utilizado nos países de Centro Europa; organizará en colaboración coa Concellaría de Ensino do Concello de Moaña e coa Deputación de Pontevedra dentro da Programación do Pontegal 2018 uns Concertos Didácticos de Música Instrumental nos Colexios de Educación Infantil e Primaria de Moaña. Estes terán lugar entre o oito e o dezaseis de Marzo do 2018 en cada un dos Centros Escolares.

Os Concertos Didácticos organizados polo CCMUS, consisten na presentación de distintas agrupacións musicais ( cuartetos, quintetos, etc.), interpretando música de diversos estilos e explicando os instrumentos que os integran dunha forma amena e divertida. Faranse varias sesións de concertos en cada colexio organizando os alumnos e alumnas por idades, coordinando a actividade cos mestres de cada centro.

Xa durante o curso escolar anterior realizáronse concertos deste tipo nos centros escolares do concello e hai intención de programar polo CCMUS outros en distintos colexios do Morrazo.

Estes Concertos teñen como obxectivo levar a Música en directo o máis preto posible dos rapaces e rapazas, no seu entorno máis cercano e a idades temperás para sensibilizalos e motivalos a disfrutar de esta Arte da forma máis auténtica e directa posible.

Un cordial saúdo – Ccmus Morrazo.

CENTRO CREATIVO MUSICAL – CCMUS

www.centrocreativomusical.com – Telfs: 622 165 647 – 698 13 96 53

facebook.com/centrocreativomusical – Correo:  info@ccmus.eu

Ccmus Moaña - Cartel A3 - Didacticos - Marzo 2018 - 08.03.2018



Los Comentarios están cerrados.