CONCERTOS DIDÁCTICOS NOS COLEXIOS DO MORRAZO – XUÑO DO 2017.

O Centro Creativo Musical – CCMUS, organizará en colaboración coa Deputación de Pontevedra e dentro da Programación do Pontegal 2017 uns Concertos Didácticos de Música Instrumental no Ceip de Domaio – Moaña o vindeiro mércores día 14.06.2017 e no Ceip de Reibón – Moaña o xoves 15.06.2017.

Estes Concertos Didácticos organizados polo CCMUS, consisten na presentación de distintas agrupacións musicais ( cuartetos, quintetos, etc.), interpretando música de diversos estilos e explicando os instrumentos que os integran dunha forma amena e divertida. Faranse varias sesións de concertos organizando os alumnos e alumnas por idades.

Durante este curso escolar realizáronse concertos deste tipo noutros centros escolares como no Colexio de Quintela en Moaña e hai programados polo CCMUS outros en distintos colexios do Morrazo.

Estes Concertos teñen como obxectivo levar a Música en directo o máis preto posible dos rapaces e rapazas, no seu entorno máis cercano e a idades temperás para sensibilizalos e motivalos a disfrutar de esta Arte da forma máis auténtica e directa posible.

Un cordial saúdo – Ccmus Morrazo.

Ccmus Morrazo - Concertos Didacticos - Xuño 2017 - 02



Los Comentarios están cerrados.