Clarinete

Clarinete
O clarinete é un instrumento de vento-madeira, construído con madeiras nobres como o ébano ou granadillo. Hoxe en día é un dos instrumentos fundamentais nas Bandas de Música e nas Orquestras Sinfónicas. Ademais é un instrumento moi estendido, pois está presente en todo tipo de música como folk, jazz ou, por suposto, música clásica. Foi tan importante que ata os mestres Mozart, Debussy ou Bernstein compuxeron pensando no clarinete. Benni Goodman tamén forma parte do grupo de compositores que se renderon ante este intrumento, que foi ben acollido en varios estilos e varias épocas.



Los Comentarios están cerrados.