Canto

Canto Su
O canto é a emisión controlada de sons que seguen unha composición musical. O canto ten moitas técnicas que varían segundo o estilo que se escolla para traballar como o canto lírico, pop, tradicional, jazz… O seu estudo na Música Clásica derivou nunha clasificación das voces para poder traballar a técnica e as cancións: as voces femininas clasifícanse en soprano, mezzosoprano e contralto (de rexistro máis agudo a máis grave) e nas voces masculinas en tenor, barítono e baixo (de rexistro máis agudo a máis grave).

As clases de canto no Centro Creativo Musical están enfocadas a adquisición de técnica e recursos para que o alumno desenvolva as súas capacidades vocais e musicais en función do propio estilo e das cancións que el ou ela escolla, que se traballarán ao longo do curso na aula.



Los Comentarios están cerrados.