Ballet

Danza clásica
A Danza Clásica ou Ballet é unha forma teatral de danza que conta con movementos e posicións codificados con nomenclatura francesa. Nas nosas clases comezamos con exercicios de barra, continuamos no centro e rematamos con diversos estiramentos para traballar o aliñamento corporal, as rotacións (en dehor, en dedans), a elasticidade, a distribución do peso e a transferencia; en definitiva, o que sería a conciencia corporal, desenvolvendo así o intelecto e a sensibilidade. O ballet ademais achega conceptos tan importantes para os alumnos como disciplina, respecto e perseveranza.



Los Comentarios están cerrados.