AULA DE GAITA GALEGA NO CENTRO CREATIVO MUSICAL – CCMUS 2018.

A novidade que incorporamos no Centro Creativo Musical na ensinanza da Gaita Galega é o método de aprendizaxe, que amplía a ensinanza técnica do instrumento cunha linguaxe musical práctica e útil. Esta iniciación teórico – musical está baseada no sistema de ensinanza que utilizamos para os instrumentos de música clásica e moderna: no seu estudo facilítanos a lectura das partituras onde se reflicten as composicións musicais. No Centro Creativo Musical entendemos estas clases como 100% prácticas onde se traballan a entoación, a rítmica e os conceptos teóricos.

As clases son diferentes e personalizadas, xa que nunca superan os tres alumnos como máximo por sesión, polo que cada alumno aprende ao seu ritmo e adaptado, na medida do posible, aos seus gustos musicais.

Se queres dar un paso máis alá na aprendizaxe e estudo da música tradicional galega non dubides en chamarnos, estaremos encantados de escoitarte.

CENTRO CREATIVO MUSICAL – CCMUS

www.centrocreativomusical.com

Telfs: 644 73 74 80 – 698 13 96 53

facebook.com/centrocreativomusical

Correo: musicariasbaixas@gmail.com

02. Ccmus Xeral - Web e Faceb - Aula de Gaita 17 18 - 15.01.18



Los Comentarios están cerrados.