Así foron os concertos de Música Barroca

A semana pasada tiveron lugar os dous únicos concertos de Música Barroca en Galicia organizados polo Centro Creativo Musical, CCMUS. Tanto o espectáculo de Ourense coma o de Bueu tiveron moi boa acollida, pois foron máis dun centenar de persoas as que se animaron a disfrutar do concerto, onde os músicos interpretaron as melodías barrocas con con réplicas de instrumentos do século XVIII.

Podedes ver a continuación varias imaxes dos concertos, ademais dos vídeos dalgunha das pezas interpretadase as noticias da prensa, onde explica con detalle a importancia deste tipo de concertos en Galicia, pois poucas veces podemos disfrutar de músicos e artistas do nivel de Rafael Ruibérriz (frauta barroca), Mario Braña (Violín), Javier Ovejero (tiorba) e Fernando Santiago (Violonchelo), que ofrecerá un Seminario Específico de Violonchelo a finais de Novembro, no CCMUS de Moaña.

Concerto Música Barroca

Faro

laregion



Los Comentarios están cerrados.