Artes Plásticas

Artes-plasticas
As clases de Expresión Gráfica ou Artes Plásticas están dirixidas a xente nova con inquedanzas tales como o debuxo, a pintura, a fotografía, o deseño, a banda deseñada ou a animación. O obxectivo principal é desenvolver a cultura visual do alumno e a súa sensibilidade para que poida «ler» e comunicarse correctamente mediante imaxes.

O curso está composto por clases prácticas e teóricas onde coñeceremos o maior número das diferentes técnicas de expresión gráfica existentes como: o debuxo, a pintura, a ilustración, a banda deseñada, a estampaxe, a serigrafía, a caligrafía, o deseño, a fotografía e o vídeo, a animación tradicional, entre outras.

As clases prácticas irán acompañadas de clases teóricas sobre a historia da comunicación gráfica (arte, deseño, fotografía), veranse tamén diferentes autores e xéneros para conseguir que o alumno desenvolva o seu propio percorrido expresivo.

Todos os coñecementos adquiridos están dirixidos ao desenvolvemento do alumno que poderá facer fronte a futuras necesidades habituais do seu día a día, tanto na contorna laboral coma social. O material gráfico xerado nas clases será traballado posteriormente para construír pezas de comunicación gráfica mediante programas de deseño profesional que poderán ser reproducidos en medios impresos e online.



Los Comentarios están cerrados.