Arpa

Arpa

A arpa é un instrumento de corda que produce o son pulsando as cordas cos dedos. É un instrumento polifónico e moi versátil, xa que se utiliza en diversos estilos que van desde a música clásica ata a música folk. A arpa é tan antiga que hai representacións gráficas deste instrumento xa nas civilizacións exipcia e asiria.

A arpa celta, instrumento que se utiliza nas aulas do CCMUS, consta normalmente de 34 cordas que se organizan segundo a escala diatónica (teclas brancas do piano). Para conseguir os cromatismos acciónanse manualmente as chaves, unha por corda, o que lle permite ao arpista viaxar polas diferentes tonalidades.



Los Comentarios están cerrados.