Alba Barreiro

Alba Barreiro

Alba Barreiro, natural de Vigo, é a profesora de arpa do CCMUS. Iniciouse neste instrumento estudando arpa celta con Rodrigo Romaní na actual Etrad. Posteriormente preparou o ingreso ao Grado Superior da man de Céline Landelle e obtivo a súa Titulación Superior en Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco) coas recoñecidas Frédérique Cambreling e Christine Icart.

Desde moi nova sobe aos escenarios como membro de Sondeseu, orquestra folk coa que gravou tres álbums e participou en festivais internacionais como o Intercéltico de Lorient e o Festival de Ortigueira. Colaborou tamén no mundo cinematográfico gravando en diversas bandas sonoras como “Los girasoles ciegos”.

Como arpista clásica desenvolveu un labor moi amplo, pois foi membro da OJSG (Orquesta Joven Sinfónica de Galicia) e da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e actualmente realiza concertos como solista, integrándose en grupos de cámara ou colaborando en diferentes formacións como orquestras e bandas de música profesionais.

Traballa desde hai anos como docente en diferentes entidades, como a OJSG e a Etrad.

Compatibiliza o seu traballo como colaboradora estable na Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia e a participación en diversos proxectos musicais, coa súa actividade docente.

 

 



Los Comentarios están cerrados.