AKADEMUS, escola de artistas

AKADEMUS escola de artistas

En AKADEMUS construímos unha máquina do tempo onde os nenos viaxan por todas as épocas e civilizacións da humanidade, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea. Mesturando o xogo coas Artes Plásticas, a Literatura, a Música e o Teatro descubrimos como se desenvolveron as diferentes culturas, os seus costumes, a linguaxe e a escritura. Unha vez situados no contexto histórico, experimentamos cos seus procesos creativos, as súas técnicas artísticas para comprender de primeira man a evolución da Historia da Arte.

Para este primeiro curso veremos 4 épocas históricas: Prehistoria, Grecia Antiga, América Prehispánica e as Vangardas Artísticas do século XX.

 

Anímate e vente á nosa Escola de artistas!!



Los Comentarios están cerrados.