A Música Clásica Mola – Rede de Concertos CCMUS

A rede de concertos do Centro Creativo Musical, A Música Clásica Mola consiste nunha serie de concertos de carácter clásico que organizamos na comarca do Morrazo para aproximar á xente, cativos e maiores, ao mundo da Música Clásica, perdendo deste xeito o medo ou prexuízo que poidamos ter de cara a este tipo de música, non tan popular na nosa terra, pero si importantísima para entender moita da música que se fai hoxe en día e  para, por que non, mellorar a cultura musical xeral.

Durante o 2015 organizamos varios concertos desta rede, e puidemos disfrutar da música barroca que nos ofreceu Fernando Santiago e compañía, interpretando melodías barrocas con réplicas de instrumentos do século XVIII.

En novembro tamén tivemos ocasión de deleitarnos co conxunto Ensemble Galería, un grupo de corda que interpretou pezas de autor como Rota, Barber, Tchaikovsky

 

Porque a música clásica mola, seguiremos traballando para achegar este tipo de música a todas e todos. Por que non? Únete á nosa rede de concertos, no 2016 teremos novidades.

 

Cartel do concerto de Ensemble Galería:

Cartel Concertos Corda.indd

 

Cartel-concertos-corda.indd



Los Comentarios están cerrados.